25N: CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Velaquí o traballo que fixemos todo o grupo de 5º de Primaria para darvos a coñecer algo tan apesarado como é a violencia de xénero. Recoñecendoa e falando dela, tentamos crear conciencia e lograr que toda a nosa comunidade creza sabendo que ninguén está por riba doutra persoa. Gustaríanos que este traballo vos axude a difundir a nosa mensaxe por tódalas aulas.

Deformación dos corpos elásticos

Experimentamos as propiedades dos corpos construíndo todo nós.

Photocall Semana do Cinema

Do 25 ao 29 de maio, tivemos a semana do cinema e as nosas estrelas de 5º retratáronse diante da carteleira. Coñecimos a historia do festival de Cans e a importante tarefa que fan a xente do cinema para espallar a cultura a través das curtametraxes.

Ciencia en Movimiento

Hoxe gozamos dunha actividade ofertada polo Concello de Gondomar, achegáronnos un Museo Científico ao noso Cole. Foi moi interesante e entretido.

Obradoiro de Dobraxe



Asistimos a un obradoiro de dobraxe impartido por Suso Pando e Manuel Pombal ( FMEC Producións). Empregaron monicreques  para facer  un xogo dramático que mostra os pasos da elaboración dunha película, e rematamos  ensaiando  entre todas/os un pequeno fragmento.